mércores, 28 de novembro de 2018

PREMIOS LITERARIOS



A biblioteca do centro foi o escenario para a entrega de premios do concurso de cabazas e do certame de microrrelatos de medo levados a cabo no primeiro trimestre.

25 N

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Hoxe é un día para conmemorar pero tamén para non esquecer, os 364 días restantes do ano.
Queremos estudar nun centro sen mostras de "violencia de xénero".
Non toleraremos comportamentos machistas!

No que vai de ano en España contabilízanse 44 mulleres asasinadas.
Nos últimos 15 anos un total de 971.

En que estamos fallando?

Hai accións e palabras cotiás que vemos normais.
-Quen che escribiu o whatsapp?
-Esa saia é moi curta.
- Quérote só para min!
- Non me gusta que saias sen min!

E vocabulario con connotacións diferentes para mulleres e homes, como estades a ver no valo que imos destruír.

Que podemos facer para cambiar isto?

- Deixar de utilizar este vocabulario.
- Ser conscientes dos micromachismos e non pasalos por alto.
- Aprender a identificar estas situacións.
- Eliminar toda mostra de violencia (pisotóns, empuxóns, cotobelos, insultos).


Somos diferentes pero debemos respectarnos.

Non queremos sentir medo e que nos controlen a nosa liberdade.




Monicreques en Santiago

A recompensa


Cada traballo ten a súa recompensa, e o grupo de teatro de IES Mestre Landín recibiu a súa.
Fumos a Santiago a ver unha obra de títeres, "Viaxe a un país de ...". A obra é o resultado dunha
colaboración entre Galicia e
Arxentina. As compañías que participaron foron: Tres Tigres Teatro, Chachakün
e Títeres Cachirulo, con lubas chinesas e música en directo.
A obra está baseada en Historias de "Cronopios e famas" de Julio Cortázar.
Resultou moi amena, aínda que ao principio fíxosenos un pouquiño longa e aburrida.
Cando acabou camiñamos ata uns soportais a merendar, xa que estaba chovendo a mares.
Logo refuxiados baixo uns paraugas fixemos un pouco de turismo, cunha guía moi especial: a profesora
de Lingua Castelá e teatro, Susana. Chegamos ata a Catedral, aínda que non a visitamos por dentro por
que tiñamos que volver para o instituto.
Sacamos fotos e de volta para o Mestre Landín.
Foi un día divertido. Foi un día diferente.
Alumnado de teatro do ML















CUCAÑAS 2018


A REVOLUCIÓN 

DOS INVENTOS 

Esta actividade de acollida ao alumnado novo chegou a unha nova edición.
A  chuvia non nos deixaba saír ao patio para disfrutar das probas pero chegou o sol e houbo celebración no mes de Novembro.
O alumnado do Carballal estivo un ano máis participando con nós.
Cando soubemos o tema do Salón do Libro, recurrimos aos inventos levados a cabo ao longo da historia para inspirarnos nas probas.
Equipo gañador do CEIP Carballal

Equipo gañador do IES Mestre Landín

mércores, 14 de novembro de 2018

A clase máis castañeira



O concurso motiva a traer a maior cantidade de castañas posible entre todas as clases.
Os gañadores foron a aula de 1ºB porque conseguimos traer un total de 21kg.
O premio pensamos que será un almorzo con moitas sorpresas.


O noso titor Felipe deunos  ideas para recoller a maior cantidade posible de castañas . Dixonos de castiñeiras para ir e atopar moitas. Trouxemos todos os días , cada día máis. Algúns fomos ao Lago de Castiñeiras.

Membros da ANPA prepararon o magosto que para iso eran as castañas!

(Alumnado colaborador da biblioteca)
.

martes, 13 de novembro de 2018

Concurso de cabazas


  
             

Animounos a participar a profesora de inglés Bianca. As tres gañadoras decoramos as cabazas na nosa casa.
O escenario da foto está decorado por membros da ANPA con elementos de Samaín

Noelia Iglesias Rodríguez