martes, 26 de abril de 2016

Extravaganzza ...segue repartindo ilusións....





O sábado 23 de abril o IES Mestre Landín conmemorou o Día do Libro con moitos nenos e nenas de Marín na Biblioteca Pública Municipal, coa representación dun teatriño de monicreques.
A adaptación teatral do libro "As peripecias de Extravaganzza Pérez", a última obra de Ledicia Costas, foi o punto de partida para  invitar a todos os asistentes á lectura, a descubrir os mundos que habitan nos libros e mostrar unha das innumerables aventuras que os lectores poden vivir a partir deles.
Extravaganzza, unha rapaza de 11 anos cunha sensibilidade especial para os animais, fai unha longa viaxe en busca dos seus pais. Acompañana uns flamengos no seu percorrido por diferentes ecosistemas, nos que van atopar morcegos, lémures, pelícanos, baleas, osos polares, monos e xaguares. E, neses lugares, Extravaganzza descubre o valor da solidaridade e a perseverancia, así como a súa propia capacidade de superación persoal.
Son estes mesmos valores os que demostran os adolescentes que deron vida aos monicreques, primeiro cosendo as marionetas, diseñando os decorados, e logo ensaiando en horario de recreo, polas tardes e, incluso, durante as vacacións, para poñer en escena esta obriña que fixo as delicias de cativos e maiores.
Alba, Alfredo, Cristina, Desireé, Lara, Nerea F., Nerea P. e Verónica, alumnos de 1° e 2° de ESO, foron os artífices da representación, a última das numerosas actividades organizadas por este instituto para celebrar a Semana do Libro.

martes, 5 de abril de 2016

E seguimos atopando máis notas de prensa


Un artigo de xornal que nos enche de orgullo

luns, 4 de abril de 2016

Teatriño de Monicreques: As peripecias de Extravaganzza Pérez

O día 2 de abril estreamos no Salon do Libro de Pontevedra o Teatriño de Monicreques. Despois de catro meses de traballo e de tres semanas de ensaios diarios, o resultado foi marabilloso. Haberá máis actuacións, para os que non puideron vir ou para os que queiran repetir... Xa vos iremos avisando das datas. 
Para non desvelar a obra aos futuros espectadores, ilustramos unha escena coa atención dos rapaces asistentes pese ao ruido ambiental.  E para finalizar, só unhas palabras para todo o equipo do Mestre Landín: Sodes requetefabulosos!






domingo, 3 de abril de 2016

Estamos na prensa


venres, 1 de abril de 2016

Mañá actuamos no salón do libro

Proxectos do Departamento de Tecnoloxía no Salón do Libro


Ademáis de participar no Salón do Libro coa representación de Extravaganzza, tamén estaremos presentes con este proxecto...
Posted by IES Mestre Landín on Viernes, 1 de abril de 2016

Previsión metereolóxica para a fin de semana



Previsión meteorolóxica de MeteoLandín para a fin de semana
Posted by IES Mestre Landín on Viernes, 1 de abril de 2016