luns, 1 de xullo de 2019

GRADUACIÓN 2019

Despedida emotiva ao alumnado de 4ºESO

O Baúl de Moliére fixo acto de presencia para despedir este curso 2018-19

Feliz verán a todos os membros deste grupo de teatro ML!

mércores, 12 de xuño de 2019

Recomendacións literarias

Este curso estivemos en diferentes momentos vivindo entre libros: guías para agasallos en Nadal, día de Rosalía, a semana dos libros, a Feira dos Libros Usados...
Queremos compartir mediante este vídeo libros que resultaron entrañables dende o punto de vista de toda a Comunidade Educativa do centro.


luns, 3 de xuño de 2019

VENRES DE TEATRO


Chegou o día da primeira representación de "O baúl de Moliére".
O resultado foi xenial.
O público e o alumnado disfrutou moitísimo da obra.
A verdade é que era de esperar despois de cinco meses de ensaios.
Parabéns a todas as persoas que o fixeron posible!

Pasámolo moi ben!!! O público ría moito porque algúns personaxes son moi divertidos.
Nós estabamos nerviosos e aínda así, nos saíu  moi ben.
A obra transcurre nun instituto. Unha profesora chama a unha antiga alumna do centro para pedirlle que prepare unha obra teatral. Axudada por unha compañeira, inténtano.
Nere Fernández (Bernalda)

mércores, 15 de maio de 2019

A EMOCIÓN DAS LETRAS GALEGAS


Este ano a celebración das Letras Galegas achéganos á figura de Antonio Fraguas. 
Este mestre fixo de Galicia o obxecto de toda unha vida de estudo. 



Seguindo as pegadas de Antonio Fraguas o alumnado de 3ºESO elabora un mural.





ALGUNHAS LENDAS RECOLLIDAS:

A Moura da Lagoa de Castiñeiras
Conta a Lenda de que, hai moito tempo, un mozo foi buscar auga á lagoa de Castiñeiras.Mentres recollía a auga, viu unha moura de pé na lagoa. A moura díxolle ao mozo que, se ao día seguinte volvía, ela outorgaríalle grandes riquezas. E así o fixo o mozo. Esperou moito tempo, pero a moura non aparecía. Pero entón, unha arca con ouro e xoias emerxeu do fondo da lagoa. O mozo meteuse correndo na auga para collela, pero pequenas serpes acuáticas devorárono e os seus ósos convertéronse en ouro.  A moura meteuno baúl desapareceron ela máis o tesouro. Non se sabe se foi realidade, pero, se ides á lagoa pola noite, podedes ver unha pequen luz que emerxe do fondo dela...

A lenda da serpe do monte
Trata dunha serpe que está no monte de San Tomé de Piñeiro. É  moi grande e moi  vella. Sae de cando en vez cunha flor na boca e se alguén lla quita consegue o tesouro que ten na súa cova! 

A SEREA DE MOGOR
Nunha cova da praia de Mogor, vivía unha serea que só se podía ver os días de sol, entre o luscofusco. Era entón cando a serea, que era moi fermosa, subía enriba dun penedo que hai  no mar preto da praia, e quedaba alí ata que  escurecía. Despois volvía á súa cova



O Ateneo Santa Cecilia premia a Ana Belén Castro e a Irene Salomón no concurso de relato curto celebrado por mor das Letras Galegas


Na biblioteca o alumnado da materia de Teatro representou "O espantallo que non quería ser espantallo".



venres, 10 de maio de 2019

Carreira de Orientación dos equipos TEI na finca de Briz

Atopar balizas era xenial
(Natalia)

Tivemos que atopar 13 balizas.
(Natalia)

Equipos TEI colaborando.
Fenomenal.
(Natalia)

Con esta actividade fixémonos mellores compañeiros.
(Andrea)

Ter que falar cos compañeiros de equipo para acordar por onde ir, pareceume unha experiencia moi boa.
(Alba)

Pasámolo moi ben. Buscar no mapa foi moi divertido.
E ver aos demais correndo polo parque, tamén.
(Alba)

Participaría en máis actividades así...
(Andrea)
Alba Lores (1ºA)
Andrea Abal (1ºB)
Natalia Rodríguez (1ºA)

xoves, 28 de marzo de 2019

MARÍA VINYALS: Un talento rebelde

Conversa coa autora e a ilustradora do libro


Vídeo de Luz Beloso, a ilustradora do libro, con ilustracións da obra de María Vinyals.

MARÍA VINYALS. Un talento rebelde from Luz Beloso on Vimeo.

Para saber máis:
  • Información en wikipedia sobre María Vinyals:

https://es.m.wikipedia.org/wiki/María_Vinyals

mércores, 27 de marzo de 2019

ENTROIDOS EN GALICIA

Curiosea sobre as diferentes imaxes co rato... Atoparás curiosa información.
Autores:
Julio, Yuriy, Raúl, Aarón e Nerea


martes, 12 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019 "GRUPOS MUSICAIS"

BOAMENTE  MALOS

Este ano, os alumnos e alumnas de 3ª ESO gañamos o premio do mellor disfraz de grupo.
 Recreamos unha batalla de baile entre dous estilos e idades diferentes. O primeiro grupo bailaba a canción "lets twist again", unha canción dos anos 60/70 interpretando unha coreografía do icónico baile desta época, o twist.
Entre ambas actuacións sonaba a canción "Malamente"  e Alfredo disfrazado de señora maior animaba ao público molestándonos a nós.
Deseguido outro grupos interpretaron unha coreografía moderna coa canción LIMBO.
Para finalizar esta montaxe festexamos con globos e confeti ao son de "Carnaval, carnaval". 

Alumnado 3ºESO

Neste momento acaban de entregarnos o diploma
Tamén entregaron o premio ao mellor disfraz individual e ao mellor postre (que foron para tres familias)
Iago 4º ESO


Salma 3ºESO, Ayoub1ºB e Fran 1ºC

Descubride máis do noso entroido movendo o rato sobre as palabras

venres, 8 de marzo de 2019

DÍA DE ROSALÍA



O forno está sin pan, o lar sin leña,
non canta o grilo alí












e se non é coa pena que o consome,
o probe soio está co seu sofrir.

Sin qué comer e sin abrigo tembra,
porque os ventos sutils


húmedos inda, silban entre as pedras
i as portas fan xemir.

Os alumnos da clase de Investigación non bilingüe preparamos un pequeno mural conmemorando o día de Rosalía que logo colocamos nunha cortiza preto da biblioteca. O mural fixémolo con láminas compostas por poemas de Rosalía ilustradas con cadros de Manuel Torres, un pintor marinense. Participamos toda a clase.
A actividade foi moi divertida. 
(Miguel, Carlos, Claudia e Carmen1ºA).

xoves, 24 de xaneiro de 2019

Titoría entre iguais (Programa TEI)

Onte, 23 de xaneiro, viñeron ao noso centro o director do CEIP Carballal, o director do CEP  A Laxe,  o inspector de Educación, a alcaldesa de Marín, representantes do Consello Escolar, da ANPA e familiares do alumnado participante para asistir ao acto TEI ( programa de convivencia escolar).
Este programa consiste en que os compañeiros e compañeiras de 3ºESO van ser os titorandos do alumnado  de 1ºESO.
Primeiro Sandra, fixo a presentación do programa pero antes, vimos un flashmob que gravaramos hai uns anos. Logo a alcaldesa e o inspector  dixeron unhas palabras valorando este proxecto.
Despois de que os titores de 1ºA, B e C  entregaran os diplomas a cada titorando e titorados fomos ata o pavillón a realizar unha actividade moi divertida.
Este programa de titoria entre iguais suma xunto co curso de mediadores que realizamos para mellorar a  convivencia e o respeto no noso centro.

Nerea Fernández
Persoas convidadas ao acto

Sandra explica a importancia da convivencia positiva

O alumnado de 4ºESO colaborou na organización

Alumnado de 3º e 1º ESO

luns, 21 de xaneiro de 2019

Un simulacro de incendio

Héber e máis Susana dixéronnos a Casilda e máis a min que foramos os protagonistas do simulacro. Tivemos que finxir un desmaio. Como habia tanto fume e non podiamos respirar, os bombeiros atopáronnos no chan. Logo sacáronnos da aula nunha padiola e cun collarín.
No patio estaban todos o alumnado e profesorado do instituto. 

Raúl
Prácticas cos extintores

xoves, 17 de xaneiro de 2019

A CLASE MÁIS CASTAÑEIRA 2018

No instituto organizaron para celebrar o magosto, un concurso de castañas, “quen traia máis, gaña un premio”.
Fomos os de 1º B. Saboreamos un almorzo na cafetería. Estabamos todos e máis o profe Felipe porque é o noso titor.
Trouxemos 21kg de castañas. A clase de 3º trouxo 20kg. Pensaron que fixeramos trampas, pero non foi así. O compañeiro que máis castañas trouxo da aula foi Ayoub. 
Que bo estaba todo!

Canto nos rimos!


Podiamos tomar: colacao, galletas, madalenas, cereais, tostadas, manteiga, zumes, auga, froita (plátanos, mazás…).

















O que máis me gustou foi  estar cos compañeiros e compañeiras na cafetería.

Yuriy (1ºB)



Despedindo 2018 no ML

No mes de decembro preparamos "Despedindo 2018"

Esta festa a organizamos no pavillón. Decorámolo coa axuda de membros da ANPA.
Tivemos música en directo.
Sacamos moitas fotografías
Había taboleiros de xadrez.

Photocall

Preparamos dedicatorias para un amigo. Queriamos desexar feliz ano.

Os membros da ANPA convidáronos a chocolate quente. 

martes, 8 de xaneiro de 2019

GALICIA SKILLS


Este mes de novembro  alumnos e alumnas de 2º ESO do IES Mestre Landín viaxamos a Silleda a unha competición de ciclos formativos de Galicia. O gañador ou gañadora desta competición iría a Madrid para unha competición a nivel nacional.
Esta competición Galicia Skills permítenos ver de primeira man profesións do futuro.
O recinto aínda que era moi grande estaba cheo de mocidade xa que segundo nos comentaran durante a mañá ían  pasar uns 9.000 rapaces e rapazas. Aínda así conseguimos ver e participar nalgún que outro taller. Había talleres de xardinería, moda, estética e peluquería, tecnoloxía, robots, drons...