mércores, 19 de outubro de 2016

A biblioteca gana protagonismo no noso centro

Este trimestre estamos homenaxeando a un escritor que durante moitos anos foi protagonista das nosas lecturas.
Agustín Fernández Paz escribía:
Onde hai unha biblioteca hai unha luz......
Abre as portas e entra.....
Abre os libros....
Todas as persoas necesitamos as historias, os soños..as palabras...

martes, 18 de outubro de 2016

martes, 11 de outubro de 2016

Seguimos descubrindo a biblioteca

Nesta ocasión foi no blog "cataventos" onde descubrimos a seguinte información:
"II Concurso microrrelatos de contos de medo"


mércores, 28 de setembro de 2016

100 anos de Roald Dalh

Así empezamos este novo curso...celebrando os 100 anos de Roald Dald.
Descubrimos esta celebración na biblioteca pública de Pontevedra e sumámonos ao convite.
Dende a biblioteca do instituto chegaron obras como Matilda, Charlie e a fábrica de chocolate, As bruxas...
Se nos paramos a ler a súa biografía descubriremos que experiencias se atopan como inspiración nas súas obras...
Animádevos a ler....


martes, 26 de abril de 2016

Extravaganzza ...segue repartindo ilusións....





O sábado 23 de abril o IES Mestre Landín conmemorou o Día do Libro con moitos nenos e nenas de Marín na Biblioteca Pública Municipal, coa representación dun teatriño de monicreques.
A adaptación teatral do libro "As peripecias de Extravaganzza Pérez", a última obra de Ledicia Costas, foi o punto de partida para  invitar a todos os asistentes á lectura, a descubrir os mundos que habitan nos libros e mostrar unha das innumerables aventuras que os lectores poden vivir a partir deles.
Extravaganzza, unha rapaza de 11 anos cunha sensibilidade especial para os animais, fai unha longa viaxe en busca dos seus pais. Acompañana uns flamengos no seu percorrido por diferentes ecosistemas, nos que van atopar morcegos, lémures, pelícanos, baleas, osos polares, monos e xaguares. E, neses lugares, Extravaganzza descubre o valor da solidaridade e a perseverancia, así como a súa propia capacidade de superación persoal.
Son estes mesmos valores os que demostran os adolescentes que deron vida aos monicreques, primeiro cosendo as marionetas, diseñando os decorados, e logo ensaiando en horario de recreo, polas tardes e, incluso, durante as vacacións, para poñer en escena esta obriña que fixo as delicias de cativos e maiores.
Alba, Alfredo, Cristina, Desireé, Lara, Nerea F., Nerea P. e Verónica, alumnos de 1° e 2° de ESO, foron os artífices da representación, a última das numerosas actividades organizadas por este instituto para celebrar a Semana do Libro.

martes, 5 de abril de 2016

E seguimos atopando máis notas de prensa


Un artigo de xornal que nos enche de orgullo

luns, 4 de abril de 2016

Teatriño de Monicreques: As peripecias de Extravaganzza Pérez

O día 2 de abril estreamos no Salon do Libro de Pontevedra o Teatriño de Monicreques. Despois de catro meses de traballo e de tres semanas de ensaios diarios, o resultado foi marabilloso. Haberá máis actuacións, para os que non puideron vir ou para os que queiran repetir... Xa vos iremos avisando das datas. 
Para non desvelar a obra aos futuros espectadores, ilustramos unha escena coa atención dos rapaces asistentes pese ao ruido ambiental.  E para finalizar, só unhas palabras para todo o equipo do Mestre Landín: Sodes requetefabulosos!






domingo, 3 de abril de 2016

Estamos na prensa


venres, 1 de abril de 2016

Mañá actuamos no salón do libro

Proxectos do Departamento de Tecnoloxía no Salón do Libro


Ademáis de participar no Salón do Libro coa representación de Extravaganzza, tamén estaremos presentes con este proxecto...
Posted by IES Mestre Landín on Viernes, 1 de abril de 2016

Previsión metereolóxica para a fin de semana



Previsión meteorolóxica de MeteoLandín para a fin de semana
Posted by IES Mestre Landín on Viernes, 1 de abril de 2016

mércores, 24 de febreiro de 2016

Exemplares do libro "Escarlatina, a cociñeira defunta" chegan a nosa biblioteca


Este libro escrito por Ledicia Costas e que levou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 xa está na nosa biblioteca.
Animádevos a lelo.
Pronto estará tamén "As peripecias de Extravaganzza Pérez" publicado con motivo do Salón do Libro deste ano.

venres, 19 de febreiro de 2016

Unha tregua para disfrutar dos actos pendentes do entroido...



Previsión meteorolóxica de MeteoLandín para a fin de semana
Posted by IES Mestre Landín on Viernes, 19 de febrero de 2016

mércores, 17 de febreiro de 2016

Músicas para namorar


Músicas para namorar
MÚSICAS PARA NAMORARHoxe, durante o primeiro recreo, puidemos disfrutar dun repertorio de pezas musicais que tiñan como denominador común o amor.O alumnado de 2º ESO interpretou a canción "My heart will go on", da banda sonora orixinal da película "Titanic" (1996).Os alumnos e alumnas de 3º ESO fixeron o propio coa peza principal da película "Romeo e Xulieta" (1968), "What is a youth", do compositor Nino Rota.A última composición, a cargo do alumnado de 4º ESO, foi "Moon river", peza pertencente á banda sonora orixinal que Henry Mancini compuxo para a película "Almorzo con diamantes" (1961).
Posted by IES Mestre Landín on Miércoles, 17 de febrero de 2016

sábado, 13 de febreiro de 2016

E seguimos con máis chuvia....



Previsión meteorolóxica de MeteoLandín para a fin de semana
Posted by IES Mestre Landín on Viernes, 12 de febrero de 2016

venres, 5 de febreiro de 2016

Previsión meteorolóxica de MeteoLandín para a fin de semana



Previsión meteorolóxica de MeteoLandín para a fin de semana
Posted by IES Mestre Landín on Viernes, 5 de febrero de 2016

mércores, 3 de febreiro de 2016

Entroido 2016


martes, 26 de xaneiro de 2016

O home aforcado

Hoxe vou comentar o libro Made in Galiza capitulo do "o home aforcado"
Vai dun home que queriía quitarse a vida por amor ,e buscando unha arbore encontrou nas montañas unha nube baixa. Gustoulle a nube e tuvo unha idea e se aforcou na nube. Ahora din as lendas que cando unha persoa ten roto o corazón aparece e so a persoa que sufriu polo amor pode verlo.

Nin en soños vou perder a miña lingua


O autor de este libro e Séchu Sende o libro trata sobre moitos contos e publicouse en Maio de 2007. Recibiu o Premio Ánxel Casal.
"Eu só teño cinco anos e sei que aínda non comprendo moitas cousas." Así empeza esta historia na que a nena ten medo de perder a lingua, porque pensa que e a da boca.


A cabeza voadora

Escollín esta historia porque me gustou moito, porque chámame a atención que cando baixa de coche bota a andar entre os castiñeiros e a cabeza comeza a separarse do corpo ata chegar as nubes, despois a cabeza comeza a baixar ata o final do camiño e pousase nos hombros. a persoa abre a porta do coche, entra, mirase no retrovisor e conduce 100 quilometros de volta.

Os homes das sulfatadoras

É un capítulo do libro "Made in Galiza" de Séchu Sendo, que comenta que ía conducendo tranquilamente entre os campos e observando o azul das sulfatadoras e como a cor aparece tamén sobre os tomates ou dos feixóns. De camiño a casa segue observando como os homes baleiran sobre os campos o sulfato azul como nun soño con homes sulfatando os campos con acuarela azul. 
A historia gústame moito porque paréceme moi interesante.

A historia do home que agardaba que lle dixesen o que tiña que facer

Na primeira avaliación lin o libro Made In Galiza, escrito por Sechu Sende; e eu os vou contar a historia do home que agardaba que lle dixesen o que tiña que facer. 
Esta historia trata dun home que sempre esperaba que lle dixesen o que tiña que facer. Un día unha persona lle dixo que debería ler novelas para pasar o tempo. E pasou dous anos sen sair da casa tan solo para ir buscar a biblioteca as novelas. Outro veciño díxolle deberías pintar a casa é puxose a pintar a casa do pintor que máis lle gustaba ao seu veciño. 
Cando ningún veciño lle decía o que tiña que facer prendía a televisión e non facía nada. 
Sempre estaba de acordo co que lle decían.

Ssssssh

Lin este libro na primeira avaliación  e vou a comentar o capítulo 30 chamado "Sssssh".
Este capítulo vai dunha bibliotecaria que o seu traballo trata de facer calar. Leva o índice aos labios e fai sssssh, pasaba oito horas ao día sen dirixir ningunha palabra.
Un día coñeceu a un home que a invitou a ir tomar un café e ela ten que falar para dicirlle si acepta a invitación.Tomaron o café en casa del e coas tonterías namorouse, pasaron toda a tardiña na súa casa facendo ruídos como: uuuuuuuuuh, si..., auuuuuuummmm, aaaaarf, umm, og, aaaaaaaaaaaaaaaahhh!!! que t...? mmmmm.
Non estivera mal, mais falaba demasiado, ela chegou a conclusión de que os homes falaban demasiado e se deu conta de que podía distraerse fora do traballo facendo o que máis lle gustaba. Agora vese en máis sitios facer o sssssh cando alguén rompe o silencio.
Sorpréndeme que todo este feito con onomatopeas  

A vendedora de palabras

No primeiro trimestre lemos os meus compañeiros máis eu o libro "Made in Galiza", este libro consta de varias historias na que entran en xogo varios idiomas como o Alemán, o Inglés, o Portugués...
A historia que eu elixín é a de "A vendedora de palabras", trata dunha señora que no sabe que nome poñerlle a súa filla que vai nacer dentro de pouco e vai a unha tenda de nomes. A dependenta lle mostra varios pero a ela non lle convenceron. Finalmente acabou elixindo un e marchou moi contenta.

Mentira


Esta é a portada.

No segundo trimestre lin Mentira de Care Santos.
Igual que fan os protagonistas eu tamen vou comentar o que me pareceu este libro.
Engancha moito desde o principio e o final sorprendete moitísimo porque non o esperas.
E unha historia dun rapaz que est no cárcere e como lle axuda a el o feito de escribir nun blog.


UFF

No primeiro trimestre lemos o libro de Made en Galiza, e tratase do capitulo UF: 
Vai de un chico que entra nunha cafetería, e mirou a unha rapaza cuns ollos ben bonitos, púxose nervioso e cando ela lle dicho que queres e el contestou, quero macela. 
Dous dias seguidos e pediu unha tila, e tamén unha menta.
Un dia  díxolle que quero... te, e ela sorriu e díxolle que ela tamén.

A vendedora de palabras

 Escollín esta historia porque me gustou moito, paréceme gracioso que unha persoa venda palabras . Ao final leva un nome para o seu fillo en galego. Isto faime pensar a importancia dos nomes propios na nosa lingua.

Unha muller e un home no camiño

Esta é a portada do libro
Vouvos comentar o que me pareceu este relato que me chamou atención.
Nun camiño unha muller entra pola esquerda e un home, pola dereita, cruzanse e empenzan a falar, saúdanse e cóntanse toda a historia da vida e ela dille: "mira aquela montaña ". É como se acabase de descubrila, como se nunca a vise antes, como se regresase dunha paisaxe... Creo que quere dicir que o que temos ao lado e ás veces non no valoramos.

Uff

Autor: Sechu Sande

Na primeira avaliación lin o libro de Made in Galiza.
O libro esta formado por varios contos que tratan sobre a lingua galega.
O que mais chamou a miña atencion foi UFF. Este apartado vai dun home que se namorou dunha camareira que traballaba nunha cafeteria, el sentiu uff, sentiu que a quería, que a necesita na sua vida,entonces desde ese momento vai todos os días a tomar algo a mesma hora xunta dela, o primer día dixo: quero... menta, ata que o cuarto día lle dixo: quero....te, ela quedouse asombrada e dixolle que ela tamén o quería.
O relato ten un xogo de palabras, que me parece curioso e orixinal.

Na oficina de obxectos perdidos

Na primeira avaliacion limos un libro titulado Made in Galiza (Séchu Sende). Este libro trata sobre a nosa lingua, o galego. A min chamoume a atención un conto que trataba dunha oficina de obxectos perdidos pero non había cousas, senon que alí atopábanse todas as linguas que se perderan polo camiño da vida e ali chamaba a xente que quería recuperar a sua lingua despois de perdela, pararecuperala.
Este libro está relacionado coa dinamizacion da lingua galega porque ensinanos que non podemos perder o máis importante que temos, a lingua

Instrucciones para empezar a hablar gallego

Neste relato mesturase o galego, o castellano, e o inglés para aprender a falar galego. Segundo a miña opinión creo que son bos pasos para aprende a falar galego.

Falar

No primeiro trimestre lemos Made In Galiza, escribiuno Séchu Sende.
O libro contén unha serie de relatos curtos cun mesmo tema en común; a lingua galega e as razóns para falala ou non.

Curtametraxe

No primeiro trimestre na clase de galego lin o conto Made in Galiza;o seu autor é Sechu Sende. Este conto é un conxunto de varios relatos que contan o importante que é falar a nosa lingua: o galego.

venres, 22 de xaneiro de 2016

Previsión meteorolóxica de MeteoLandín para a fin de semana



Previsión meteorolóxica de MeteoLandín para a fin de semana.
Posted by IES Mestre Landín on Viernes, 22 de enero de 2016