xoves, 24 de xaneiro de 2019

Titoría entre iguais (Programa TEI)

Onte, 23 de xaneiro, viñeron ao noso centro o director do CEIP Carballal, o director do CEP  A Laxe,  o inspector de Educación, a alcaldesa de Marín, representantes do Consello Escolar, da ANPA e familiares do alumnado participante para asistir ao acto TEI ( programa de convivencia escolar).
Este programa consiste en que os compañeiros e compañeiras de 3ºESO van ser os titorandos do alumnado  de 1ºESO.
Primeiro Sandra, fixo a presentación do programa pero antes, vimos un flashmob que gravaramos hai uns anos. Logo a alcaldesa e o inspector  dixeron unhas palabras valorando este proxecto.
Despois de que os titores de 1ºA, B e C  entregaran os diplomas a cada titorando e titorados fomos ata o pavillón a realizar unha actividade moi divertida.
Este programa de titoria entre iguais suma xunto co curso de mediadores que realizamos para mellorar a  convivencia e o respeto no noso centro.

Nerea Fernández
Persoas convidadas ao acto

Sandra explica a importancia da convivencia positiva

O alumnado de 4ºESO colaborou na organización

Alumnado de 3º e 1º ESO

luns, 21 de xaneiro de 2019

Un simulacro de incendio

Héber e máis Susana dixéronnos a Casilda e máis a min que foramos os protagonistas do simulacro. Tivemos que finxir un desmaio. Como habia tanto fume e non podiamos respirar, os bombeiros atopáronnos no chan. Logo sacáronnos da aula nunha padiola e cun collarín.
No patio estaban todos o alumnado e profesorado do instituto. 

Raúl
Prácticas cos extintores

xoves, 17 de xaneiro de 2019

A CLASE MÁIS CASTAÑEIRA 2018

No instituto organizaron para celebrar o magosto, un concurso de castañas, “quen traia máis, gaña un premio”.
Fomos os de 1º B. Saboreamos un almorzo na cafetería. Estabamos todos e máis o profe Felipe porque é o noso titor.
Trouxemos 21kg de castañas. A clase de 3º trouxo 20kg. Pensaron que fixeramos trampas, pero non foi así. O compañeiro que máis castañas trouxo da aula foi Ayoub. 
Que bo estaba todo!

Canto nos rimos!


Podiamos tomar: colacao, galletas, madalenas, cereais, tostadas, manteiga, zumes, auga, froita (plátanos, mazás…).

















O que máis me gustou foi  estar cos compañeiros e compañeiras na cafetería.

Yuriy (1ºB)



Despedindo 2018 no ML

No mes de decembro preparamos "Despedindo 2018"

Esta festa a organizamos no pavillón. Decorámolo coa axuda de membros da ANPA.
Tivemos música en directo.
Sacamos moitas fotografías
Había taboleiros de xadrez.

Photocall

Preparamos dedicatorias para un amigo. Queriamos desexar feliz ano.

Os membros da ANPA convidáronos a chocolate quente. 

martes, 8 de xaneiro de 2019

GALICIA SKILLS


Este mes de novembro  alumnos e alumnas de 2º ESO do IES Mestre Landín viaxamos a Silleda a unha competición de ciclos formativos de Galicia. O gañador ou gañadora desta competición iría a Madrid para unha competición a nivel nacional.
Esta competición Galicia Skills permítenos ver de primeira man profesións do futuro.
O recinto aínda que era moi grande estaba cheo de mocidade xa que segundo nos comentaran durante a mañá ían  pasar uns 9.000 rapaces e rapazas. Aínda así conseguimos ver e participar nalgún que outro taller. Había talleres de xardinería, moda, estética e peluquería, tecnoloxía, robots, drons...