martes, 27 de febreiro de 2018

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

24 de febreiro

Na hora de titoría do venres día 23 reunímonos todos os equipos TEI para levar a cabo unha actividade de dinamización, xuntos. Eramos en total 90 alumnos, 1ºA, 1ºB, 1ºC e 3º.
Fomos ao patio e alí escollemos un poema de Rosalía e logo memorizamos versos para grabalos a continuación.
O alumnado que se encargou da gravación era de 4º de ESO. 
Versos con Rosalía que saían pola fiestra e habitaban no patio.
Agora vémolos nas redes sociais do centro "Versos con Rosalía hoxe e sempre",
#AbrideAFiestra.



luns, 26 de febreiro de 2018

Chega o entroido

Quixemos pensar en saúde e diversión...
Así podedes ver tanta froita e vexetais polo instituto.
Houbo unha chea de grupos participando.
Estaba a ANPA colaborando coas bebidas e a Asociación Mulleres do Saber, preparándonos filloas.
Tamén degustamos doces que trouxeron compañeiros.
Total un auténtico carnaval!!!




domingo, 18 de febreiro de 2018

CURSO 2017-18

UN TRIMESTRE EN IMAXES

IXª EDICIÓN DAS CUCAÑAS 


SAMAÍN


25 NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

COLABORACIÓNS PARA DESPEDIR 2017