martes, 27 de febreiro de 2018

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

24 de febreiro

Na hora de titoría do venres día 23 reunímonos todos os equipos TEI para levar a cabo unha actividade de dinamización, xuntos. Eramos en total 90 alumnos, 1ºA, 1ºB, 1ºC e 3º.
Fomos ao patio e alí escollemos un poema de Rosalía e logo memorizamos versos para grabalos a continuación.
O alumnado que se encargou da gravación era de 4º de ESO. 
Versos con Rosalía que saían pola fiestra e habitaban no patio.
Agora vémolos nas redes sociais do centro "Versos con Rosalía hoxe e sempre",
#AbrideAFiestra.



Ningún comentario:

Publicar un comentario