Estes días serán un bo motivo para preparar doces que logo nos alegrarán os almorzos ou as merendas.
Pensando no Libro de Ledicia Costas, “Escarlatina, a cociñeira cadáver” atopei unha oportunidade para estes días, ler un rato e experimentar con receitas que
sempre saen ben.
Imos probar con esta que figura no libro e que xa saboreamos nalgún
momento “Madalenas caseiras para lamber os fociños…
Ingredientes para 4
persoas:
·
2 ovos
·
125 gr de azucre (6 culleradas sopeiras)
·
60 ml de leite (10 culleradas sopeiras)
·
190 ml aceite de oliva suave (20 culleradas
sopeiras)
·
210 gr de fariña de trigo
·
7 gr de fermento químico (1 sobre)
·
Raspadura de limón
·
1 chisco de sal
Utensilios:
·
Un batedor mecánico
·
Un batedor manual
·
Unha cunca
·
Moldes en forma de sobreiriños brancos.
Mans á obra:
Collemos a cunca e batemos os ovos co batedor mecánico xunto
co azucre a un ritmo medio(nin moi rápido nin moi amodo). Baixamos a
velocidade para non emporcallalo todo (e en especial para non emporcallarnos
nós mesmos), incorporamos o leite e engadimos o aceite pouco a pouco.
Engadimos os ingredientes secos (fariña, fermento, sal e
raspadura de limón) batendo o tempo xusto para que a masa quede homoxénea
(homoxénea significa que sexa una masa toda igual, con ingredientes ben
mesturados e teña unha apetitosa cor amarela suave, coma a que ten o recheo da
torta de galletas da avoa ou as follas dos castiñeiros nos primeiro días de
outono).
Tapar a masa cun pano e deixar repousar na neveira toda a
noite. Pasado o tempo de repouso, poñemos o forno a 250º Bater a masa co batedor manual (é un xeito de
dicirlle á masa; eh, que xa estás lista e dentro de nada vaste transformar en
madalena!!!) e repartir nos moldes con forma de sombreiriños brancos. Ollo! Non
os enchas de todo (como máximo tres cuartas partes de cada molde), xa que a
masa aumentará de tamaño coa calor do forno e pode rebordar dos sombreiriños.
Decorar con azucre ou cchocolate. Baixar a temperatura do forno a 210º e meter
as madalenas 15 min. Deixamos arrefriar e …listas para papar!
|
Faltan os moldes pero xa os vedes na foto seguinte! |
|
Neste momento suplicamos que medren...! |
|
Engadimos chocolate |
|
Estamos desexando saborealas... |
|
Preparadas por Gael Búa |