mércores, 15 de maio de 2019

A EMOCIÓN DAS LETRAS GALEGAS


Este ano a celebración das Letras Galegas achéganos á figura de Antonio Fraguas. 
Este mestre fixo de Galicia o obxecto de toda unha vida de estudo. 



Seguindo as pegadas de Antonio Fraguas o alumnado de 3ºESO elabora un mural.





ALGUNHAS LENDAS RECOLLIDAS:

A Moura da Lagoa de Castiñeiras
Conta a Lenda de que, hai moito tempo, un mozo foi buscar auga á lagoa de Castiñeiras.Mentres recollía a auga, viu unha moura de pé na lagoa. A moura díxolle ao mozo que, se ao día seguinte volvía, ela outorgaríalle grandes riquezas. E así o fixo o mozo. Esperou moito tempo, pero a moura non aparecía. Pero entón, unha arca con ouro e xoias emerxeu do fondo da lagoa. O mozo meteuse correndo na auga para collela, pero pequenas serpes acuáticas devorárono e os seus ósos convertéronse en ouro.  A moura meteuno baúl desapareceron ela máis o tesouro. Non se sabe se foi realidade, pero, se ides á lagoa pola noite, podedes ver unha pequen luz que emerxe do fondo dela...

A lenda da serpe do monte
Trata dunha serpe que está no monte de San Tomé de Piñeiro. É  moi grande e moi  vella. Sae de cando en vez cunha flor na boca e se alguén lla quita consegue o tesouro que ten na súa cova! 

A SEREA DE MOGOR
Nunha cova da praia de Mogor, vivía unha serea que só se podía ver os días de sol, entre o luscofusco. Era entón cando a serea, que era moi fermosa, subía enriba dun penedo que hai  no mar preto da praia, e quedaba alí ata que  escurecía. Despois volvía á súa cova



O Ateneo Santa Cecilia premia a Ana Belén Castro e a Irene Salomón no concurso de relato curto celebrado por mor das Letras Galegas


Na biblioteca o alumnado da materia de Teatro representou "O espantallo que non quería ser espantallo".



Ningún comentario:

Publicar un comentario