mércores, 28 de novembro de 2018

PREMIOS LITERARIOS



A biblioteca do centro foi o escenario para a entrega de premios do concurso de cabazas e do certame de microrrelatos de medo levados a cabo no primeiro trimestre.

25 N

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Hoxe é un día para conmemorar pero tamén para non esquecer, os 364 días restantes do ano.
Queremos estudar nun centro sen mostras de "violencia de xénero".
Non toleraremos comportamentos machistas!

No que vai de ano en España contabilízanse 44 mulleres asasinadas.
Nos últimos 15 anos un total de 971.

En que estamos fallando?

Hai accións e palabras cotiás que vemos normais.
-Quen che escribiu o whatsapp?
-Esa saia é moi curta.
- Quérote só para min!
- Non me gusta que saias sen min!

E vocabulario con connotacións diferentes para mulleres e homes, como estades a ver no valo que imos destruír.

Que podemos facer para cambiar isto?

- Deixar de utilizar este vocabulario.
- Ser conscientes dos micromachismos e non pasalos por alto.
- Aprender a identificar estas situacións.
- Eliminar toda mostra de violencia (pisotóns, empuxóns, cotobelos, insultos).


Somos diferentes pero debemos respectarnos.

Non queremos sentir medo e que nos controlen a nosa liberdade.




Monicreques en Santiago

A recompensa


Cada traballo ten a súa recompensa, e o grupo de teatro de IES Mestre Landín recibiu a súa.
Fumos a Santiago a ver unha obra de títeres, "Viaxe a un país de ...". A obra é o resultado dunha
colaboración entre Galicia e
Arxentina. As compañías que participaron foron: Tres Tigres Teatro, Chachakün
e Títeres Cachirulo, con lubas chinesas e música en directo.
A obra está baseada en Historias de "Cronopios e famas" de Julio Cortázar.
Resultou moi amena, aínda que ao principio fíxosenos un pouquiño longa e aburrida.
Cando acabou camiñamos ata uns soportais a merendar, xa que estaba chovendo a mares.
Logo refuxiados baixo uns paraugas fixemos un pouco de turismo, cunha guía moi especial: a profesora
de Lingua Castelá e teatro, Susana. Chegamos ata a Catedral, aínda que non a visitamos por dentro por
que tiñamos que volver para o instituto.
Sacamos fotos e de volta para o Mestre Landín.
Foi un día divertido. Foi un día diferente.
Alumnado de teatro do ML















CUCAÑAS 2018


A REVOLUCIÓN 

DOS INVENTOS 

Esta actividade de acollida ao alumnado novo chegou a unha nova edición.
A  chuvia non nos deixaba saír ao patio para disfrutar das probas pero chegou o sol e houbo celebración no mes de Novembro.
O alumnado do Carballal estivo un ano máis participando con nós.
Cando soubemos o tema do Salón do Libro, recurrimos aos inventos levados a cabo ao longo da historia para inspirarnos nas probas.
Equipo gañador do CEIP Carballal

Equipo gañador do IES Mestre Landín

mércores, 14 de novembro de 2018

A clase máis castañeira



O concurso motiva a traer a maior cantidade de castañas posible entre todas as clases.
Os gañadores foron a aula de 1ºB porque conseguimos traer un total de 21kg.
O premio pensamos que será un almorzo con moitas sorpresas.


O noso titor Felipe deunos  ideas para recoller a maior cantidade posible de castañas . Dixonos de castiñeiras para ir e atopar moitas. Trouxemos todos os días , cada día máis. Algúns fomos ao Lago de Castiñeiras.

Membros da ANPA prepararon o magosto que para iso eran as castañas!

(Alumnado colaborador da biblioteca)
.

martes, 13 de novembro de 2018

Concurso de cabazas


  
             

Animounos a participar a profesora de inglés Bianca. As tres gañadoras decoramos as cabazas na nosa casa.
O escenario da foto está decorado por membros da ANPA con elementos de Samaín

Noelia Iglesias Rodríguez  

martes, 3 de xullo de 2018

Marusía 18

TEATRO ML "Os merlos brancos"

OS MERLOS BRANCOS CHEGAN AO NOSO CENTRO


Uns merlos nacen brancos e fan unha longa viaxe na busca da súa identidade, ata volver á súa casa. No seu recorrido atoparán paxaros de moitas cores diferentes, aprenderán a pescar e a repartir correo, caerán no fondo dunha chiminea e se enfarruscarán ata pensar que se volveron negros, como seus pais. 
Cómicos, merlos, gaivotas, cotorras, flamingos e pombas son os personaxes que interpretan dezaoito alumnas e alumnos de 1º a 4º ESO nesta adaptación da obra teatral "O merlo branco" de Cándido Pazó. 
O teatro potencia a expresión oral, as habilidades de relación, a inclusión, axuda a desenvolver técnicas memorísticas e promove a creatividade, a autonomía, a autoestima positiva, a expresión das emocións, o esforzo, a responsabilidade e o benestar. 
ESTAMOS MOI ORGULLOSAS DOS NOSOS ACTORES E ACTRICES!!!

O día da actuación diante dos seus compañeiros e familias

luns, 2 de xullo de 2018

1º PREMIO DE NARRACIÓN CURTA

XV PREMIO DE NARRACIÓN CURTA CONCELLO DE MARÍN





Lignum

Esta vila da que aquí se fala é coñecida como Lignum. É unha das vilas máis antigas e fermosas do mundo, pero detrás da súa marabillosa arquitectura e a súa abundante natureza esconde un gran segredo...

Nunha pequena casa cerca da praza principal, vivía unha nena chamada Victoria. Ela tiña o pelo tan longo e rizado que asemellábase ás ondas a punto de bater contra as pedras. Ao igual ca o pelo, tiña uns ollos marróns e grandes, similares a dúas perlas. Tamén tiña uns labios redondeados e rosados como cereixas recén collidas da árbore. A súa pel era tan branca e tan fermosa que parecía mármore, e cando se movía  facíao con tanta delicadeza que parecía unha fermosa boneca.
Victoria vivía cos seus avós, xa que os seus pais morreran catro anos atrás, cando ela só tiña cinco. A súa avoa chamábase Elena, e o seu avó Xoán. A súa avoa era baixa e gordecha, pero era moi guapa: Tiña o cabelo branco, longo e rizado, ao igual que a súa neta, e tamén tiña uns ollos grandes pero de cor azul. Xoán, o seu marido, era todo o contrario: Tiña o pelo escuro, curto e liso, os ollos moi escuros e era alto e fraco. Aos dous gustábanlle dar longos paseos polo lugar mirando cada pedra do camiño e observando como xogan os nenos e as nenas. O paseo duraba uns vinte minutos e despois volvían a súa casa e tomaban unha infusión de Cardo.
A súa casa era pequena e antiga, pero era unha das máis fermosas de toda a vila, aínda que esta tampouco fora moi grande. As súas paredes estaban pintadas de cor turquesa, e a porta principal e a porta traseira de cor marrón chocolate. Tiñan dez ventás e un balcón na parte de arriba da casa, e seis ventás e unha galería na parte de abaixo. Tamén tiña un xardín moi grande con dúas maceiras, un limoeiro, unha figueira e tres castiñeiros. Tamén tiñan moitos tipos de flores, entre elas margaridas, hortensias, gardenias, xirasois,... A Victoria encantáballe xogar coas bolboretas e coas flores dese mesmo xardín, era coma o seu refuxio, un lugar onde se sentía segura pasara o que pasara.
 Unha noite de decembro coma outra calquera, a avoa Elena avisou a Victoria que baixara a cear coma todos os días a aquela mesma hora. A nena non contestou, pareceulle raro, pero non lle deu máis importancia. Xa tiña a cea posta cando se deu conta de que a rapaza aínda non baixara, así que esperou un pouco máis, pero seguía sen baixar. Cando pasaran dez minutos decidiu ir a buscala, así que subiu as escaleiras de madeira da casa e chegou ao corredor da planta de arriba. Dirixiuse ao cuarto da pequena, colleu o pomo da porta e abriuna. Ao entrar na habitación fixouse que todo estaba moi ordenado, cousa que era moi rara porque a rapaza era moi desordenada. Mirou cara a dereita e cara a esquerda, pero a nena non estaba por ningunha parte. A avoa asustouse e gritou tan forte que os paxaros do tellado fuxiron co medo.
Pouco despois o avó chegou ao cuarto e viu a súa muller que estaba sentada na cama, coas mans diante da cara e chorando mares de lágrimas.
- Que pasou? -Preguntoulle o anciá a súa muller, pero ela non lle puido contestar porque non era capaz de pronunciar nin unha soa palabra. O home volveulle a preguntar o mesmo e ela respondeulle:
- A nena... Non está... 
- Como que non está? 
- Non a encontro, xa busquei por todo o cuarto e non está. 
- Miraches no baño? E na sala?... 
- Tampouco.
Os dous anciás volveron  buscala por toda a casa, pero non serviu para nada, a  nena non estaba.
Despois dun par de minutos os dous saíron da casa rapidamente e decidiron ir ao concello da vila para avisar da desaparición da rapaza, pero o concello estaba pechado ao ser tan tarde. Entón foron a casa da súa veciña Gabriela, e esta avisou ao resto dos veciños, e todo o mundo comezou a buscar a nena.
Os da familia Rodríguez buscárona por un camiño que daba ao bosque, e a familia López buscouna polo outro camiño que levaba ao mesmo lugar. Os Rosales buscárona polo norte da vila, os Martínez pola parte sur, os Rodríguez pola parte leste e os González pola parte oeste. Tamén axudaron os Medraño, que a buscaron polo lago.
Escoitábase dun extremo ao outro da vila os alaridos de todas as familias que buscaban a pequena, pero seguía sen aparecer. Todos buscaban polos rincóns máis agochados, dentro das cortes dos animais, polas calellas máis estreitas, ata no medio dos arbustos máis densos.
- Nós xa buscamos por todo o bosque e nin rastro da nena- dixeron os López moi decepcionados pola búsqueda sen resultados.
- Nós tampouco a encontramos, e iso que somos once- dixeron despois a familia Martínez, xa que esta familia é moi grande, a avoa Ximena, o avó Eustaquio, os seus tres fillos, Antón, Luís e Uxía, o marido de Uxía, Miguel, a muller de Antón, Alba, e os tres fillos de Uxía e Miguel, Isabel, María e Manuel.
Pasaron tres horas dende que comezaron a buscar a nena, pero ninguén encontrou nada, nin unha pequena pista de onde podía estar.
- Síntoo moito Elena, pero non encontramos a nena.
Ao Gabriela dicirlle estas palabras a anciá rompe a chorar outra vez máis.
O seu marido queda de pedra,e intenta pensar onde se puidera meter a súa neta, a que nunca rompía un prato, a que nunca mentía, a que sempre... De súpeto a Xoán iluminóuselle a cara e dixo:
- Xa sei onde está!
A súa muller mirouno e parou de chorar nese mesmo instante, secou as lágrimas e díxolle ao seu marido:
- Onde? 
- Ti só sígueme .
As dúas mulleres foron detrás de Xoán, e este levounas por un camiño ao que as dúas lle pareceu coñecido. Cando se deron conta viron que estaban outra vez na casa dos anciáns.
- Que facemos aquí? -preguntou a anciá, pero non tivo resposta. Miraron que Xoán estaba abrindo unha pequena canceliña da casa que daba ao xardín. As dúas mulleres miráronse unha a outra e decidiron seguir o vello.
Ao chegar ao xardín quedáronse coa boca aberta, non daban crédito ao que viran. Tiñan diante dos seus ollos a nena. Estaba durmida encima das pólas das maceiras, pero xusto as pólas que suxeitaban a pequena estaban a ras do chan.
O avó da rapaza acercouse a nena e ela abriu os ollos, bocexou e despois ergueuse dun salto. De súpeto as pólas das maceiras movéronse e volveron ao seu sitio. Todos quedaron sorprendidos menos a nena, que parecía que non vira nada do que alí acontecera.
- Que facedes coa boca aberta? -dixo ríndose a nena. A súa avoa mirou para ela e dixo:
- Como... A árbore... Moveuse... 
- Si, faino sempre. 
Os tres miraron cara a nena cando ela lles dixo iso.
- Dende cando? -dixo Antón, que aínda seguía sorprendido.
- Dende que teño memoria. Mirade. 
Xusto despois de dicir isto lanzouse contra o chan cerca das árbores, estas movéronse coma se tiveran vida e colleron a nena con delicadeza para que non se fixera dano.
Eles tres seguían sorprendidos mirando a nena, e así seguiron uns cinco minutos ata que se deron conta de que aquela nena e a natureza tiñan un vínculo especial.

  
INÉS MACENLLE MARTÍNEZ, 2ºB 



Inés lendo o seu texto o día da entrega de premios

1º PREMIO CONCURSO DE RELATOS MUSEO LISTE 2018

PESCAR E NADA MÁIS


Ola, o meu nome é Daniel. Eu teño 15 anos. O meu hobby máis grande é a pesca. Deberiades probalo.
Ben, vou comezar a contar unha historia.
Estiven con algúns señores no peirao de Marín.
Díxenlles que os mariñeiros desaparecidos vivían na illa de Tambo. Pero non me creron.
Ao día seguinte, cunhas poucas horas de luz, fun á casa e collín as chaves da planeadora, sen que se enteirasen.
Fun correndo para poder sacala e que ninghén me mirase.
É unha planeadora de 6,20 cun motor de 60 cabalos e vinrrude dous tempos. Parece pouco pero chega aos 37 nós.
Como ía sempre pescar cos meus pais e irmáns sabía onde estaban todas as pedras e os obxectos do fondo.
Meu pai traballa no mar , cóntame todo, onde está o polbo, a robaliza, a cabala ,etc...
A min o que máis me gusta é pescar a robaliza, é moi divertida, se caes nelas colles a varrer, o malo é que as rapalas e vinilos son moi caros. Volvendo ao que estabamos.
Estaba a piques de saír xa do porto e entrou a zodiac da garda civil.Eu moderei a velocidade. _Tiven sorte, tiñan a orde de volver para terra por un temporal, o que me estrañaba era que non me dixeran nada.
Á fin conseguín saír do porto, o mar empeoraba cada vez máis, aínda por riba había vento que facía o mar máis violento.
Xa entendo porque din que o mar é perigoso. Eu non penso nin en broma dar volta, xa cheguei moi lonxe para renderme.
O barco movíase de lado a lado, eu seguía pensando que non podía renderme, era a miña oportunidade. Volvín a moderar para que o barco non estivese a dar tantos golpes.
De repente escoito unha bucina coma dun mercante.  Miro para estribor e ao lonxe vexo un enorme barco estropeado e vello, tiña os ventanucos rotos. Parecía o barco de Piratas do Caribe pero máis novo, como a Perla Negra.
Eu tirei para diante calcando cada vez máis a panca da velocidade. Volvín mirar para atrás pero xa non estaba… Definitivamente era un barco pantasma.
De súpeto soltei o volante por un golpe de mar eee, plof! caín ao mar. Menos mal que levaba o home á auga e parouse o motor, senón marchaba o barco sen min.
Nadei ata collelo, por pouco afogo. Case non tiña forzas nin de subirme ao barco. Intenteino por estribor, babor, proa e finalmente, popa.
Son parvo!, sabía de sobra que popa era máis baixiño para poder subir!
Nada máis subir fun para proa e collín o neopreno que sempre gardabamos alí para mergullar. Ao poñelo puxen rumbo outra vez, xa estaba cerca, o mar xa non era tan forte xa que na illa de Tambo facía abrigo. Dinlle a fondo, quería chegar xa. Ao ver o faro fun para unha especie de praia que se formaba na baixamar. Collín o rizón nada máis chegar tireino e deixei bastante cabo para que agarrase máis ao fondo. Fíxenlle un chicote e listo.
Empecei a notar como se algo estivese a rascar o barco por debaixo. Había unha lenda das moreas, que cando era lúa chea podían chegar a fundir os barcos… Fun correndo a proa e collín o fusil de mergullar, tireime sen medo. Efectivamente  era unha delas! Apunteille e disparei na cabeza da morea esa. Carallo como fuxiu! jajaja!
Xa estaba! Fun para terra e xa na beira agocheime baixo unhas rochas… Había alguén a coller ameixas. Con moito coidado fun por uns arbustos e cría que non me vira.
Fun correndo para o medio da illa e escoitei un ruído como se algo estivese detrás miña. Eu sabía que antigamente na illa os militares criaban os porcos. Sería un deles? Por desgraza, non. Alguén ou algo agarroume. Estaba frío, mollado e tiña como algas pegadas no corpo e eu caghado de medo, díxenlle: “ves mariscar ou que? Estás un pouco mollado!”
O ser ou persoa púxome un saco na cabeza e deume un golpe. Eu desmaieime e cando espertei estaba no medio da praia grande ao lado da antiga ponte en ruinas que cando subía a marea cubríaa enteira. Non me deu tempo nin sequera a levantarme e apareceume unha meiga. Todos os mitos son de verdade ou que?
Berrou,eu non a entendín moi ben, creo que dixo un nome porque veu a criatura que me agarrara, agora xa sei quen….
NOOOOOOON!  Grite.  Miña nai espertoume. Eu, chorando, díxenlle que quería que todo iso fose verdade, non pode ser,  o único que era verdade era o de pescar eeee  NADA MÁIS!…….

ALFREDO FUENTES, 3º ESO

luns, 25 de xuño de 2018

3º PREMIO NARRACIÓN CURTA



O SEGREDO DE MRS. LOCK


IRENE SALOMÓN le  o seu conto na entrega dos premios.


O SEGREDO DE MRS.LOCK

Contareivos unha historia, sobre unha nena chamada Daiana.
Ela residía nun orfanato dende que tiña 4 anos, xa que os seus pais morreran nun accidente de coche. Ela odiaba vivir alí, era un lugar moi sinistro, ademais non tiña amigos. Só un pequeno osiño de peluche ao que consideraba o seu mellor amigo. Tampouco tiña familia, ou iso era o que lle dicían as persoas que traballan no orfanato. Un día, no décimo cumpleanos da nena, presentouse no orfanato unha muller que dicía ser a tía de Daiana. A señora chamábase Mrs.Lock. A muller era bastante alta e bastante delgada. Quería levar á súa sobriña con ela. Cando Daiana se enterou púxose moi contenta e foi correndo a facer as maletas, aunque tiña poucas cousas. O osiño de peluche e uns cantos vestidos bastante vellos. Cando acabou de preparalo todo foi correndo á porta de entrada do edificio, onde estaba Mrs.Lock esperándoa nun coche. A muller colleu as cousas de Daiana e cargounas  no maleteiro. Cando chegaron á casa a nena sorprendeuse, era moi grande, vella e tiña un xardín enorme.
-Esta é a túa nova casa-Dixo Mrs.Lock
Daiana asentiu coa cabeza, colleu as súas cousas do maleteiro e entraron na casa.
A entrada era enorme. Estaba moi decorada pero o que mais chamou a atención da nena foi un baúl que tiña un símbolo debuxado na parte de arriba.
-Nunca abras ese baúl- dixo enseguida Mrs.Lock ao ver que a nena non lle quitaba o ollo de encima.
-Dacordo-contestou a nena agachando a cabeza.
-Sube ao piso de arriba, nel está o teu carto.
Daiana subiu ao piso de arriba, por unhas escaleiras que non paraban de cruxir cando as pisaba. O seu cuarto era bastante pequeno. Tiña una cama pegada á parede e un armario apoleirado. Deixou o equipaxe no chan e tumbouse na cama.
A súa tía entrou nese momento e díxolle que gardara todo, xa que tiña que  axudala a facer unha cousa no piso de abaixo. É así o fixo a nena. Cando baixou Mrs. Lock estaba co seu gato, chamado Whiskers. O animal era completamente negro e tiña un ollo verde e un azul.
-Teño que pedirche un favor-dixo a muller mirando fixamente á súa sobriña-necesito que limpes a casa por mí. Teño que ir á cidade a resolver uns asuntos e non poderei facelo.
-Eu encárgome
-Vale, eu estarei de volta pola noite. Tes todo o que necesitas para limpar no armario da cociña. Ata logo.
-Ata logo.
Daiana foi á a cociña e colleu varias cousas, entre elas un caldeiro que foi encher ao pozo do xardín. Empezou a limpar a entrada. E volveu a fixarse no baúl, pero recordou o que lle dixera á súa tía así que ignorouno e foi limpar o salón. Había un moble cheo de fotos. Nunha foto aparecía unha parella cunha nena en brazos. Eran ela e os seus pais. Botábaos moito de menos. Continuou limpando o salón, pasaron uns minutos e non puido evitar volver á entrada a ver o baúl. Tiña demasiada curiosidade. Colocou a man na tapa do baúl disposta a abrilo. Nese momento Mrs.Lock abriu a porta. Daiana non se dera conta de que xa era de noite. A muller enfadouse moito e castigou á nena. Esa noite ela non podía durmir. Tiña moita curiosidade. Quería descubrir o que había no baúl.
Ao día seguinte cando Daiana baixou entrada o baúl non estaba.
-Metín o baúl no soto, solo eu teño a chave así que olvídate do baúl- dixo poñendo a chave no seu peto-hoxe tamén teño que ir á cidade, non fai falta que limpes. Volverei nunhas horas.
Daiana asentiu e subiu ao seu cuarto. Cando escoitou a porta pecharse baixou correndo e intentou abrir á porta pero non o logrou. Buscou por toda a casa algo para forzar a cerradura, pero non atopou nada. Saíu ao xardín e atopou unha ramiña que podía servirlle. Foi á porta e a logrou abrir. Estaba moi escuro, e o interruptor estaba abaixo así que tivo que baixar con coidado. Encendeu a luz e alí estaba o baúl, no fondo do soto. No interior do baúl non había máis que un vello caderno cunha data escrita na portada “1920”. A nena, confusa, abriu o libro. Nel había un montón de datas con nomes escritos ao seu lado. Chegou a unha páxina, case ao final do caderno, na que estaban escritos os nomes dos seus pais, xunto coa data da súa morte. Pechou o libro e volveu a ver a data da portada. Alguén escribira esa data moito antes de que tiveran o accidente.  Nese intre entrou a tía da nena no soto. Volvera da cidade. Viu que Daiana había aberto o baúl. Agachou a cabeza e cerrou as mans. Estaba furiosa.
-Vexo que descubriches o meu segredo...-dixo sen deixar de mirar ao chan- eu matei a todas as persoas que están escritas no caderno, incluídos os teus pais.
Daiana retrocedeu, tiña medo.
-Sintoo non podo deixar que saibas esto...
A muller abalanzouse sobre a nena e, desde aquel día o corpo de Daiana está enterrado no xardín da casa.

IRENE SALOMÓN 1ºC










luns, 18 de xuño de 2018

Torneo deportivo 2018

                                                         

 
equipo gañador de brilé


Participantes da final de bádminton

Final encontro baloncesto

Gañadores torneo voleibol



Equipo gañador de fútbol


Nos recreos de Maio e Xuño estivemos participando nun torneo onde alumnos e alumnas do IES Mestre LandÍn participaron xogando a distintos deportes como: baloncesto, fútbol,brilé, voleibol e bádminton.
Esta informacion a conseguín porque son a fotógrafa de todos estos xogos.






luns, 11 de xuño de 2018

OS MERLOS BRANCOS

Venres de ensaios e recreos de traballo de caracterizacións levan ao día do estreno.



Ao longo da obra, moitos e variados personaxes conversan cos merlos protagonistas.



Buscan a súa identidade....

Cómicos axudan na presentación da obra..

A mamá merla agarimosa...




O día do estreno na biblioteca Pública de Marín, ao remate dun ensaio, satisteitos e contentos polo resultado.

O Merlo branco é unha obra de teatro que ensaiabamos os venres por la tarde no IES Mestre Landín.

Para poder representala  preparamos  peteiros para os paxaros que fixemos nos recreo na aula de plástica coa mestra Belén.

A obra estrenámola o día 1 de Xuño na bibliotea Pública de Marín.

O 21 deste mes tamen a faremos no noso instituto.

Nerea Fernández, 3º ESO

MULLERES NO CUMIO

ACTIVIDADE INTERCENTROS






Unha actividade máis dentro da Semana das Letras Galegas.
Estas foron as mulleres propostas: Luz Casal, Teresa Portela, Irene González, Mª Victoria Moreno, Isabel Barreto, Fina Casalderrey, Begoña Vila e Rosalía Mera.
Un traballo de investigación e creación que dou lugar a esta exposición itinerante.
Empezou no noso instituto e segue viaxando polo centros colaboradores.

SEMANA DAS MATEMÁTICAS


No IES Mestre Landín do día 7 ao 11 de maio de 2018 celebrouse a décima edición da Semana Matemática.
Este ano adicouse a semana ao número imaxinario “i”, mentres que no concurso de eulerías empregouse unha aproximación do número raíz cadrada de 2.  .
Desenvolvéronse diferentes concursos: de eulerías, lóxica e debuxo matemático. Como novidade este ano propúxose unha nova actividade: os chistes matemáticos. Os traballos presentados para os concursos de eulerías e debuxo, así coma os chistes foron expostos no centro.

Durante os recreos organizamos distintos obradoiros con xogos matemáticos. Ademáis recibimos a visita do alumnado de 5º e 6º de primaria dos centros de Marín para participar nestes obradoiros. 






SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O vernes,  Encarna  foinos  buscar a Aixa e máis a min para ir a biblioteca. Alí a profesora de galego, Isabel Valiño, entregounos un premio por entregar un cuestionario que fixeramos de preguntas sobre María Victoria Moreno.
Que sorte que nos tocara a nós!!!!

Participar cubrindo un cuestionario de 20 preguntas e ter sorte no sorteo, tiña premio....


As probas da xincana do día das Letras foron ben divertidas!!!
Este libro de Mª Victoria Moreno que lemos na clase, levounos logo a ver unha representación teatral no CEIP Carballal.

Premiadas no cuestionario!!!!