No IES Mestre Landín do día 7 ao 11 de maio de 2018
celebrouse a décima edición da Semana Matemática.
Este ano adicouse a semana ao número imaxinario “i”, mentres
que no concurso de eulerías empregouse unha aproximación do número raíz cadrada de 2.
.
Desenvolvéronse diferentes concursos: de eulerías, lóxica
e debuxo matemático. Como novidade este ano propúxose unha nova actividade: os
chistes matemáticos. Os traballos presentados para os concursos de eulerías e
debuxo, así coma os chistes foron expostos no centro.
Durante os recreos organizamos distintos obradoiros con
xogos matemáticos. Ademáis recibimos a visita do alumnado de 5º e 6º de
primaria dos centros de Marín para participar nestes obradoiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario