martes, 26 de xaneiro de 2016

Falar

No primeiro trimestre lemos Made In Galiza, escribiuno Séchu Sende.
O libro contén unha serie de relatos curtos cun mesmo tema en común; a lingua galega e as razóns para falala ou non.


Neste libro chamoume a atención o primero relato chamado "Falar", trata dunha nena pequena, Clara, que quere aprender a falar, ela non sabe porqué os seus pais falan entre eles en galego pero a ela fálanlle en castelán, a rapaciña sabe falar pero aínda non se atreve a dicir a súa primeira palabra en galego aos seus pais.
Este relato cóntanos o que pasa con moitas familias galegas, entre eles falan en galego pero aos seus fillos fálanlle en castelán, así, estase a perder pouco a pouco a nosa lingua.




Ningún comentario:

Publicar un comentario